Coruña Chapter Spain

hog

Chapter Nº 7803 - Página Oficial

 

Noticias

Actualizado el 28 de febrero de 2017

Ruta do Lacón con Grelos Domingo 12-03-2017

Esta visto que a operación Biquini non chegou o Chapter Coruña nin se a espera, pois vamos de enchenta en enchenta. É desta volta toca a XIX FESTA DO LACÓN CON GRELOS DO MESÓN DO VENTO. Que se pode decir diste prato tan afamado que xunto co marisco veñen sendo un sino indentificativo da nosa terriña. O lacón, hai o laconciño, esa patiña dianteira do noso porquiño celta, que despois do paso pola matanza e a Cuaresma chega a nas condicións óptimas a Carnestolenda para sere degustado en compaña dos nosos grelos. Os grelos, hai os greliños, ises brotiños ternos dos nabos, que temos que nos acostumbrare a os diferenciar das nabizas que estas son as follas tenras dos nabos cando son moi noviños. Pois eso iba cos greliños, que me desvío do conto enseguida, que das máis de catrocentas clases de nabos, para os greliños os mellores veñen sendo os das variedades de Lugo que son un pouco máis ácidos ou os de Santiago máis doces. Pois agora imaxinade o laconciño o carón dos greliños sendo vixiados por uns chouriciños e unhas pataquiñas de Coristanco, pois iso e o que se pode encontrar o domingo día 12 no Mesón do Vento. Xantarase no Restaurante Avelino que está o Carón da carpa da Feira. Estase en negociacións de dous menús, con un coste de 20-25€ según teña incluido lacón ou non. No momento que estás negociacions dean o seo froito poñeranse en coñecemento . Para facer ganas de xantar faremos antes unha pequena ruta. Así que os que vos queirades acercar xa podedes irvos apuntando, contando que o prazo remata o mércores día 8 o mediodía. Ecomasemprementrastantounsaudo.

Ruta dos Calços(ceboliñas na lingua patria) o domingo 26 02 2017.

Despois de tanta enchenta de productos autóctonos, marisco, callos, cocido, agora tócanos internacionalizarnos un pouquiño e vamos por un prato típico dos catalans, que algo bo teñen que ter (🙏 Eva).. O que está claro que para papar estas ceboliñas en Galicia a Casa Assumpta en Pantiñobre (Fondevila) Arzua ven sendo o único sitio. Esta rexentada pola Assumpta unha galega catalanizada y máis o seo home un catalán galegizado, que con moito esmero e cariño preparan as calçotadas para nos transportar a Valls a cuna dos calços. Os calços datan de finais do século XIX, cando a Benaiges como bo catalán que por non tirar nada deulle por asar nas brasas do lume onde se quentaba uns brotes das cebolas que se lle sairan. E logo o comprobar o bos que estaban, continuou perfeccionando eses brotes hasta chegar o que coñecemos hoxe en día. Pasando a partir das primeiras décadas do século XX a se corvertir en un manxar para os habitantes da zona os días de romería. O menú ceboliñeiro componse de: -Calçots con salsa salvichada - Pan con tomate e xamón - Escalivada - Xudías do ganchet con butifarra - Cordeiro a brasa con alli oli - Crema catalana - Cava brut - Viño, augas, café e gotas autóctonas. Pero como non todo vai ser papatoria, vamos facer antes unha paradiña en Sobrado dos Monxes, para visitar o Mosteiro Cistercense. Así que xa podedes ir aforrando os 40€ que nos van facer falta para nos alegrar dous sentidos primeiro a vista e logo o gusto. Tamén podedes irvos apuntando que logo vos esquencedes e non podedes perder esta experiencia. Ecomasemprementrastantounsaudo.

Ruta do Cocido - 11 de febrero de 2017

Seguindo o que nos di o calendario das saidas, o sábado 11 de febreiro toca cocido na Casa Museo do Patrón en Codesedo o carón de Lalín. Casa museo restaurante, con máis de 2.000 m2 de exposición distribuidos en tres edificios, onde se expoñen mais de 4.000 pezas recogidas por todala xeografía galega Que podemos decir do cocido, coa gran variedade que temos. Podese decir que arrimándolle o cocido calquera xentilicio de apelido podemos atinar cun diferente, madrileño, maragato, labiernago, etc etc. Pero sempre tendo en conta que coma o noso non vamos encontrar outro. Dirán os madrileños, maragatos e demais que non é verdade, pois si que é verdade xa que o noso é diferente. O caso está en que aparte da materia prima, xa que onde estea o noso porquiño celta, o noso cuxo, as nosas pataquiñas, os nosos grelos, os nosos repoliños de Betanzos, o noso mencia e as nosas gotiñas de augardente; tamén temos outro detalle máis que marca a diferencia e está en que nos para facer o cocido temolo vicio de cocer todalas carnes xuntas, ainda que botadas na pota en tempos diferentes e esa mesturanza de sabores é o que fai que sexa especial. Desta volta vamos ter que sacar do peto 25€ cada un, polo cocido e máis a visita o Museo. O prazo para se apuntar remata o xoves 9 o medio día. Así que case que podedes ir pensando en vos apuntar e sin vos esquencer de mo comunicar. Ecomasemprementrastantounsaudo.

Ruta dos callos. Domingo 22 de xaneiro.

Coma sempre a primeira saida do ano é para ir a degustar uns calliños sabrosos, sabrosos. Como os últimos anos o dono das tempestades cebouse con nosco, mandandonos frío, auga, granizo e neve, pois iste ano vamos intentar enganalo indo de incógnito moi preto, a Parrillada Carlos en Guiliade o carón de Betanzos. Así,si conseguimos enganar o cabronazo e o ver que non facemos moitos kilómetros, seguro que saca un día de sol. Enton é cando o fodemos ben fodido pois vamos nos e facemos unha ruta deica a comarca do Ferrol. No debandito Ferrol case que por imperativo legal ou ilegal vamos de visita o Museo Naval. Ainda que os sábados e domingos non fan visitas guiadas, estamos vendo se o oficial que estea ese día se presta a nos guiar. Este museo ainda que foi a partir do ano 1970 cando se empezou a facer acopio e catalogación de obxetos, non foi hasta o 5 de marzo de 1986 cando se inagurou. Esta sito no antigo Cuartel de Presidiarios, e o nome ven de que era onde se aloxaban os presidiarios que traballaban na construccións dos muelles e na reparación e limpeza dos buques. Con unha superficie de 1.250 metros cuadrados. Exponsen obxetos notables da Armada, con coleccións de elementos de maniobra, artillería, modelos de buques entre outras moitas. Podese sentir o alento da historia de España, das colonias, de Ferrol e da Armada. No caso que non podamos enganalo, pois como o sito queda cerquiña a mollada non pode ser moita. Ainda que se desconoce con exactitude o orixen dos callos a galega, sempre queda ben decir aquelo de son de orixen celta e quedamos como deus. De tantas variantes de callos, dende a zamorana so con estómago e picantes, hasta a madrileña, pasando por unhas cincocentas recetas. Mais o que ven estando meridianamente claro ę que como a galega con garabanzos e pata non teñen comparanza nin parangón. Así que desta volta a parte dos callos a encher e volver a repetir, teremos primeiro uns entrantes a base de empanada, croquetas e lulas e despois postre da casa. Todo regado con mencia, auga, gaseosa e cervexa mais cafeses de pota con gotas e chupitos autonómicos. O malo é que non sae de valde e non será porque non o intentara, pero o Carlos díxome que de momento o restaurante non estaba incluido no circuito da beneficencia. Como decía non sae de valde pero faltalle pouco pois soamente teremos que soltar 15€. O xoves ou venrres antes do 22 o Xefe de Ruta xa pon a hora e sitio de saida e se facemos ruta ou non, pois os de Meteogalicia xa contactarian con dono das tempestades. Así que xa podedes ir avisando os interesados en meter no corpo uns calliños quentiños e sabrosiños. Tempo tedes dabondo pero xa sabedes aquelo de que o esta feito ben feito está. Por certo se algún bicho raro, que sempre pode haber algun xa que a viña do señor e inmensa, non lle gusten os callos, pode vir igual e para que non se aburra mirando mentras os máis os devoramos, miraríamos de lle dar outra cousa. Nese caso que mo diga e vemos o que podemos facer. Pero que quede clrariño que seria considerado como unha EXCEPCIÓN. Ecomasemprementrastantounsaudo.

Añadido el Calendario para el primer semsestre de 2017

Ya puedes consultar los eventos del HOG y del Coruna-Chapter previstos para el primer semestre del presente año en la pagina de Eventos.Recuerda que aquellos eventos en cuya casilla veas un enlace con el texto "imágenes" incorporan un enlace para ver las fotos de la actividad realizada.

Modificado el Calendario para 2016

Ha cambiado la directiva y con ella llegan nuevos planes para lo que resta de año. Puedes consultar las salidas previstas para el segundo semestre del presente año en la pagina de Eventos.

¡¡Pulpo y Carretera!!, estamos en marcha con el evento más importante de nuestro chpater para el presente año.

Fue presentado por el Director del Chapter en la reunión de directores de Chapters de toda España celebrada en Madrid el 7 de noviembre del pasado año. Como sabéis cada dos años organizamos un evento a nivel nacional en el que debemos desplegar toda nuestra capacidad organizativa y participativa para conseguir un evento con argumentos suficientes para atraer a participantes de todo el país. Estan fijadas las fechas para los días 20, 21 y 22 de mayo y tenemos ya el tríptico y el fichero pdf para la inscripción que podréis descargar más abajo.

En ellos tenéis toda la información necesaria para conocer cómo se desarollará el evento.

Descarga el tríptico aquí. .

Descarga el Formulario de Inscripción aqui. .

Y aquí el video promocional del Evento.....

“Battle of the Kings”

Harley-Davidson ha convocado la segunda edición de Battle of the Kings, un desafío de customización entre condesionarios oficiales de la compañía a nivel europeo. Este año, el concurso se enfoca a uno de los modelos más icónicos: La nueva Iron 883TM. Entre España y Portugal se presentan a competir 11 concesionarios oficiales que, desde ahora y hasta marzo tendrán que demostrar que son los mejores realizando diseños únicos. Será un jurado compuesto por el satff de Harley-Davidson y expertos del mundo de la customización quien elegirá al finalista que represente a ambos países en la gran final europea que tendrá lugar en el fertival custom “Wheels & Waver, en Biarritz del 8 al 12 de junio de 2016. Ya se pueden ver los resultados obtenidos por los distintos participantes... aquí

chapter